botondagaleria2

Historia

A comarca de Deza, pertencente á demarcación provincial de Pontevedra, está integrada por un total de seis concellos; Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. Conforman o que se coñece como partido xudicial de Lalín, o maior da provincia en canto a extensión se refire.

O seu territorio vén imposto polos diversos accidentes xeográficos que a percorren e a limitan, sendo estes mesmos os que a dotan dun gran atractivo paisaxístico e patrimonial que converten a esta comarca de interior en reclamo turístico. Son a serra do Faro e do Farelo ao leste e a do Candán no oeste, xunto co discorrer dos ríos Ulla, Deza e Arnego os límites naturais desta área. Pese a que pola súa situación goza dun clima atlántico, a condición de val de moitas das parroquias, sendo bañadas por estes ríos, permite que xerminen especies mediterráneas que comparten hábitat coa flora e a fauna máis autóctona.

Comarca de DezaDa Alta Idade Media sábese da sucesión de gobernos suevos, visigodos e nobres ata que en 1165 Fernando II cedeu estas terras a Santiago como ofrenda ao Apóstolo. En torno ao século VI os núcleos de poboación estaban estruturados nas xurisdicións de Deza, Dozón e Camba que por aqueles tempos pertencían á provincia de Lugo; mentres Borraxeiros, Brandomés, Caxide, Camanzo, Carboeiro, Cira, Piloño, Trasdeza, Carmoega e Ventosa se adscribían a Santiago.

Non obstante, é a partir do século X cando nas áreas fluviais dos vales se comeza a concentrar un número considerable de poboación ermitá e monástica das que permanecen importantes restos patrimoniais con cenobios como o que se atopa en Carboeiro.

identidade

Cunha poboación marcada pola gandería e o agro, sectores aos que se dedica a meirande parte da poboación, a industria abriuse camiño nos núcleos máis densos, con zonas industrializadas que evidencian a súa puxanza, tal é o caso de Área 33 en Silleda ou do Polígono Industrial Lalín 2000; aínda que as raíces rurais continúan vixentes, converténdose nun referente da cultura e tradición. Proba da relevancia do sector gandeiro atópase en Silleda coa Lonxa Agropecuaria de Galicia, na que a tradicional labor de tratante adquire unha dimensión moderna coa dixitalización do proceso evidenciando a innovación que marca a produción das explotacións da comarca.

Esta identidade rural é a que permite crear eventos nos que as novas xeracións toman o relevo e divulgan e participan con orgullo na música, nos costumes e nas romarías máis enxebres, chegando a recuperar o patrimonio herdado como son Os Castros de Toiriz en Silleda ou Os Pendellos de Agolada. Este espírito mantense vivo tamén na gastronomía, adaptando os pratos máis típicos da cociña galega, aos que se lles dedican festas específicas convertidas en reclamo turístico con certificación, como son a Empanada da Bandeira, o Cocido de Lalín ou o Galo de Curral en Cruces, compartindo protagonismo coa Carne ao Caldeiro da Gouxa ou a Festa da Caza de Rodeiro.

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Pazo de Eidián

Pazo de Eidián

A edificación, de dúas alturas, presenta unha planta en forma de T resultado de diversas modificacións posteriores, xa que na seu orixe estaba disposto en...

Pazo de Filgueiroa

Pazo de Filgueiroa

Edificio disposto de xeito rectangular con vans de similar forma dispostos en tres das súas fachadas. A galería accédese dende unha escalinata central de construción...

Pazo de Liñares

Pazo de Liñares

A súa construción data do século XVII, creada por orde de Álvaro Núñez Taboada; estando presidida polos escudos familiares de Taboada, Núñez e os Lemos...

Casa da Pena

Casa da Pena

Localizada en San Pedro de Carmoega, esta Casa Grande distínguese pola súa fachada na que permanecen os escudos dos propietarios orixinais, as familias Vilamarín e...

Pazo da Algara

Pazo da Algara

Casona señorial das máis representativas do municipio cruceño. Atópase na parroquia de Gres e distínguese pola súa construción de forma rectangular con dúas alturas. Pese...

Romaría Santa Isabel

Romaría Santa Isabel

A parroquia de Escuadro, en Silleda, acolle cada 2 de xullo a onomástica de Santa Isabel cunha romaría á que se achegan devotos dos concellos...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...

Festa da Paella

Festa da Paella

Na parroquia de Cortegada, no municipio de Silleda, ten lugar a Festa da Paella dende o ano 2001, data na que os organizadores das festas...

Feira do Chourizo

Feira do Chourizo

Un dos produtos cárnicos máis recorrente na gastronomía galega é o chourizo, ao que o concello de Vila de Cruces dedida un festexo marcado non...

Alto dos Xenerais

Alto dos Xenerais

En torno á conca do río Ulla o Entroido adquire protagonismo cunha tradición ancestral marcada por unhas personaxes singulares, os Xenerais que percorren a cabalo...