Agolada

O municipio de Agolada comprende un territorio de 147,45 km² distribuido en 25 parroquias que albergan un total de 134 parroquias. Como sucede coa meirande parte dos concellos de interior, son os accidentes naturais os que determinan as súas fronteiras, xa que o río Ulla limítao coa provincia de Lugo e o Arnego con Vila de Cruces e Lalín; sendo ademais circundado polo monte Farelo. O eixe das súas comunicacións está marcado pola estrada que une Lalín con Lugo e que a súa vez se bifurca en dirección Melide – Betanzos e Rodeiro – Cruces.

A súa economía susténtase, coma nos municipios lindeiros, a base de agricultura e gandería, con gran presenza de explotacións de vacún e porcino. Pero é o sector forestal o que constitúe a súa identidade e tradición, pois coñécese polas serras de carácter familiar.

Tesouros antigos

Un dos descubrimentos arqueolóxicos polos que esta terra adquiriu gran sona foi o coñecido “tesouro de Agolada”, un conxunto de pezas prehistóricas compostas por xoias de ouro descubertas coas obras da estrada que une este municipio con Lalín.  Estas reliquias están actualmente depositadas no Museo de Pontevedra. O achado dá mostra da pegada castrexa nestas terras, destacando castros como o de Buxel ou Marcelín.

En canto á arquitectura relixiosa as mostras máis representativas serían Santa Isabel de Ventosa ou San Pedro de Ferreiroa, entre outras; mentres a fidalguía queda marcada polo Pazo de Borraxeiros  e as Casas de Mendoza e de Otero.

Os Pendellos

Non obstante, o gran reclamo de Agolada son os seus “Pendellos”, eses antigos postos de pedra mostra dun comercio de antano ao que acudían tratantes de toda a comunidade galega. Coñecida pola súa feira, un dos maiores logros dos últimos anos foi a recuperación deste espazo converténdose en punto de obrigada parada para todos os visitantes.

Aínda que os amantes da natureza non poderán evitar achegarse ata un dos contornos máis fermosos deste concello, o Sobreiral do Arnego, ou realizar rutas a pé ou a cabalo por estas terras antes de degustar algún dos pratos típicos da zona no que a carne, especialmente de caza, se converte en todo un manxar para o padal.

Ponte sobre o Arnego Tesouro de Agolada Pendellos de Agolada
Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Pazo de Eidián

Pazo de Eidián

A edificación, de dúas alturas, presenta unha planta en forma de T resultado de diversas modificacións posteriores, xa que na seu orixe estaba disposto en...

Pazo de Trasulfe

Pazo de Trasulfe

Segundo os historiadores, edificación que data do século XV. Trátase dunha casona señorial con nave en forma de U que destaca pola súa solaina e...

Pazo do Cascallal

Pazo do Cascallal

Situada na parroquia cruceña de Merza, esta propiedade privada caracterízase pola bo estado de conservación dalgúns dos seus elementos máis significativos, entre os que se...

Pazo de Raíndo

Pazo de Raíndo

Situado na parroquia de Piloño, este pazo privado disponse nun recinto amurallado composto por diversas edificacións que agochan un patio interior. A nave da vivenda...

Pazo de Borraxeiros

Pazo de Borraxeiros

Na parroquia que leva o mesmo nome atópase este pazo privado. Nel destaca o patio central que semella pertencer a unha nova construción. En canto...

Festa da Carne ao Caldeiro

Festa da Carne ao Caldeiro

Segundo a tradición, o típico prato da carne ao caldeiro foi o resultado do irmandamento xurdido cando os arrieiros de Castela e Estremadura chegaban ás...

Romaría do Rapaz

Romaría do Rapaz

Trátase dunha romaría singular que non conta con ningunha semellante en toda a comunidade que comezou a celebrarse en 1989 na parroquia de Siador, a...

Festa da Paella

Festa da Paella

Na parroquia de Cortegada, no municipio de Silleda, ten lugar a Festa da Paella dende o ano 2001, data na que os organizadores das festas...

Festa da Tortilla

Festa da Tortilla

Un dos pratos máis típicos da cociña española e recorrente en calquera romaría é a tortilla, que na parroquia de Laro, en Silleda, congrega cada...

Romaría Santa Isabel

Romaría Santa Isabel

A parroquia de Escuadro, en Silleda, acolle cada 2 de xullo a onomástica de Santa Isabel cunha romaría á que se achegan devotos dos concellos...