Dozón

O máis pequeno dos concellos da Comarca de Deza. Cunha superficie de 75 km² a súa poboación espállase por tan só 8 parroquias distribuídas en 56 aldeas; que limitan cos municipios de Lalín e Rodeiro, este último a través da fronteira que marca o río Asneiro, e ao sur coa provincia de Ourense. O eixo das súas comunicacións co resto da comunidade estrutúrase en torno á estrada que comunica Ourense con Santiago, aínda que nos últimos anos mermou o seu tránsito a favor da autoestrada AP-53.

Terra de gandeiros

O abrupto paisaxe no que se ergue, unido a súa elevada altitude converteron a este municipio en exemplo de despoboamento cara a urbes máis próximas pola dificultade das labores da terra. Non obstante, a súa economía está reforzada polos sectores da agricultura e a gandería. Nesta última repercuten de xeito considerable os sectores avícola e a lácteo, contando con numerosas granxas espalladas por todo o seu territorio.

Enclave idílico para os amantes da natureza, en Dozón respírase a tranquilidade e sosego tan ansiado nas cidades. A complexidade do seu contorno crea espazos para o lecer como a praia fluvial de Sanguiñedo ou a área recreativa de Pena de Francia, e mesmo outros de carácter máis didáctico coma os restos do Castro de San Breixo.

Devoción e romarías

O románico ten unha das máis fermosas mostras na Igrexa de San Pedro de Vilanova erguida no espazo no que tempo atrás se atopaba un mosteiro de monxas beneditinas. A ligazón deste municipio co culto e a relixión evidénciase na tradición e apego dos fieis de toda a bisbarra a unha das capelas as que cada ano se suceden peregrinaxes dende toda a comarca, a Nosa Señora da Pena de Francia, un acontecemento de gran dimensión que chega a comparar esta romaría como a “irmá da Virxe do Faro”.

A tradición gandeira deste concello mantense viva na coñecida Feira da Gouxa, unha antiga feira de gando que durante anos se ergueu como punto de encontro para tratantes de toda Galicia e incluso da veciña Castela. Pese a que o paso do tempo foi mermando a súa actividade a asistencia a este evento constitúe toda unha tradición os días 11 e 23 de cada mes.

Un prato con nome propio

A gastronomía en Dozón, ao igual que en toda a comarca atópase marcada pola presenza das carnes, aínda que a calidade e experiencia cociñeira dotou de gran sona un prato enxebre que constitúe todo un reclamo, especialmente os días de feira, onde antigamente se reunían os mercantes e comerciantes en "pendellos" dos que pouco queda. Era nesas xornadas onde comezou a fama dun prato con renome en Dozón, a “carne ao caldeiro da Gouxa”.

Pena Francia Igrexa de San Pedro de VilanovaPendellos da Gouxa
Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Pazo de Raíndo

Pazo de Raíndo

Situado na parroquia de Piloño, este pazo privado disponse nun recinto amurallado composto por diversas edificacións que agochan un patio interior. A nave da vivenda...

Pazo de Sestelo

Pazo de Sestelo

Na parroquia de Siador atópase esta propiedade privada, tamén coñecida como Casa do Sestelo, circundada por un impresionante recinto amurallado. Dispón de dúas alturas, na...

Pazo de Borraxeiros

Pazo de Borraxeiros

Na parroquia que leva o mesmo nome atópase este pazo privado. Nel destaca o patio central que semella pertencer a unha nova construción. En canto...

Pazo de Eidián

Pazo de Eidián

A edificación, de dúas alturas, presenta unha planta en forma de T resultado de diversas modificacións posteriores, xa que na seu orixe estaba disposto en...

Pazo de Altamira

Pazo de Altamira

De planta rectangular, consta de dúas alturas, na zona baixa destaca unha pequena bufarda mentres que a planta superior  se caracteriza polas grandes fiestras de...

Festa da Carne ao Caldeiro

Festa da Carne ao Caldeiro

Segundo a tradición, o típico prato da carne ao caldeiro foi o resultado do irmandamento xurdido cando os arrieiros de Castela e Estremadura chegaban ás...

Festa da Paella

Festa da Paella

Na parroquia de Cortegada, no municipio de Silleda, ten lugar a Festa da Paella dende o ano 2001, data na que os organizadores das festas...

Romaría da Saleta

Romaría da Saleta

Conmemorando a aparición da virxe no lugar de La Salette nos Alpes franceses, a familia Rivas do Pazo de Sestelo mandou crear unha escultura da...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...

Feira do Cabalo

Feira do Cabalo

Na capital do Deza os amantes do mundo equino teñen unha cita ineludible no mes de xuño, data na que se celebra a Feira do...