Agolada

Entre os espazos naturais máis interesantes da comarca de Deza atópase o Sobreiral do Arnego; un enclave único xurdido da interacción de auga e terra. Entre os montes de Silleda e a Serra do Farelo, xusto a carón do suco que deixa o río Arnego antes de confluír co Ulla en Brocos, atópase este auténtico bosque de sobreiras que ben podería agochar innumerables contos e lendas.

O valor natural e paisaxístico deste sobreiral está abalado pola súa inclusión dentro do programa Rede Natura 2000 para salvagardar o seu hábitat. Nun inicio esta plantación foi creada para o aproveitamento de caucho, chegando a contar cunha empresa portuguesa que pelaba as árbores cada catro anos para deixalas rexenerar. Non obstante, co tempo este enclave comezou a constituír un espazo único que precisaba dunha protección e conservación especial.

Os segredos do Arnego

O conxunto do sobreiral disponse a carón das augas do Arnego, un río que ao seu paso polo municipio de Agolada conta cunha pequena praia fluvial e área de lecer á altura da Ponte Vilariño. Ao seu paso polas terras agolenses, este río agocha enclaves de importante valor patrimonial e mesmo paisaxístico como é a pequena ponte medieval coñecida co nome de Ponte dos Cabalos. Salvando fortes pendentes ata enlazar co Ulla no embalse de Portodemouros, a carón do Arnego é a riqueza da Galicia verde a que medra con carballos, toxos, fentos e ameneiros.

Área Recreativa do ArnegoSobreirais do Arnego
Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Pazo de Sestelo

Pazo de Sestelo

Na parroquia de Siador atópase esta propiedade privada, tamén coñecida como Casa do Sestelo, circundada por un impresionante recinto amurallado. Dispón de dúas alturas, na...

Pazo de Cascaxide

Pazo de Cascaxide

Edificación de planta rectangular con dúas alturas, pese a que polo desnivel do terreo, nun lateral consta dun piso a maiores. Dispón de arcos nun...

Pazo da Viña

Pazo da Viña

Edificación con fábrica en forma de L á que se chega tras cruzar un gran patio pechado. Da fachada principal destacan dúas grandes fiestras rectangulares...

Pazo de Filgueiroa

Pazo de Filgueiroa

Edificio disposto de xeito rectangular con vans de similar forma dispostos en tres das súas fachadas. A galería accédese dende unha escalinata central de construción...

Pazo de Dés

Pazo de Dés

Edificación palacega de claro estilo neoclásico, especialmente na súa fachada principal. Conta con dous corpos laterais nos que se distinguen catro balconadas elaboradas con ferro...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...

Alto dos Xenerais

Alto dos Xenerais

En torno á conca do río Ulla o Entroido adquire protagonismo cunha tradición ancestral marcada por unhas personaxes singulares, os Xenerais que percorren a cabalo...

Romaría do Rapaz

Romaría do Rapaz

Trátase dunha romaría singular que non conta con ningunha semellante en toda a comunidade que comezou a celebrarse en 1989 na parroquia de Siador, a...

Festa da Empanada

Festa da Empanada

Este festexo celébra no mes de agosto na localidade de A Bandeira, en Silleda, dende o ano 1974, pero é no ano 1999 no que...

Festa da Paella

Festa da Paella

Na parroquia de Cortegada, no municipio de Silleda, ten lugar a Festa da Paella dende o ano 2001, data na que os organizadores das festas...