Dozón

As terras do concello de Dozón están marcadas pola accidentalidade do terreo, do que dá boa conta a súa situación entre as Serras do Faro e do Testeiro. Con cumios próximos aos 1.000 mts. de altitude; destaca Pena de Francia con máis de 914 mts. que acolle un gran número de visitantes, tanto pola espléndida panorámica do val, como pola romaría que se celebra na capela alí localizada.

O principal atractivo natural deste municipio radica no seu valor hidrográfico, pois nos seus montes nace o río Asneiro, tamén chamado Dezón, dando nome ao concello e mesmo á comarca, pois por erros cartográficos do século pasado era coñecido como Deza.

Lecer na natureza

A tranquilidade e sosego son os principais valores dos contornos naturais de Dozón, a frondosidade dos seus vales e montes son só perturbados polo paso de regatos, o que permite gozar de espazos singulares como a praia fluvial de Sanguiñedo que, especialmente no verán, é o punto de reunión da xuventude da zona.

Outras das actividades que marcan o lecer dos visitantes a Dozón céntranse nas rutas de sendeirismo nas que descubrir a beleza dos seus paraxes naturais e mesmo doutros deportes máis singulares como o cicloturismo. Ademais, o pasado cabalar deste municipio permite realizar diversas excursións a cabalo nun apacible contorno en contacto coa natureza.

Área recreativa de SanguiñedoMonte Testeiro
Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Pazo de Sestelo

Pazo de Sestelo

Na parroquia de Siador atópase esta propiedade privada, tamén coñecida como Casa do Sestelo, circundada por un impresionante recinto amurallado. Dispón de dúas alturas, na...

Pazo do Cascallal

Pazo do Cascallal

Situada na parroquia cruceña de Merza, esta propiedade privada caracterízase pola bo estado de conservación dalgúns dos seus elementos máis significativos, entre os que se...

Pazo de Eidián

Pazo de Eidián

A edificación, de dúas alturas, presenta unha planta en forma de T resultado de diversas modificacións posteriores, xa que na seu orixe estaba disposto en...

Pazo da Algara

Pazo da Algara

Casona señorial das máis representativas do municipio cruceño. Atópase na parroquia de Gres e distínguese pola súa construción de forma rectangular con dúas alturas. Pese...

Pazo de Dés

Pazo de Dés

Edificación palacega de claro estilo neoclásico, especialmente na súa fachada principal. Conta con dous corpos laterais nos que se distinguen catro balconadas elaboradas con ferro...

Festa do Lacón

Festa do Lacón

A Comarca de Deza é coñecida pola calidade das súas carnes, e moi especialmente polo aproveitamento culinario que do porco se realiza nesta zona. No...

Romaría do Corpiño

Romaría do Corpiño

Un dos santuarios de maior trascendencia do interior de Galicia é o de Nosa Señora do Corpiño por atribuírlle a esta santa propiedades curativas contra...

Festa da Rosquilla

Festa da Rosquilla

Abades, parroquia de Silleda, exalta as rosquillas nunha romaría relixiosa marcada por este doce reposteiro. Os "melindres", nome co que popularmente son coñecidas no municipio,...

Feira do Cabalo

Feira do Cabalo

Na capital do Deza os amantes do mundo equino teñen unha cita ineludible no mes de xuño, data na que se celebra a Feira do...

Romaría Santa Isabel

Romaría Santa Isabel

A parroquia de Escuadro, en Silleda, acolle cada 2 de xullo a onomástica de Santa Isabel cunha romaría á que se achegan devotos dos concellos...