Lalín

A natureza na capital de Deza está marcada pola súa principal seña de identidade, as carballeiras, chegando a listar un total de 270. Unha das máis relevantes é a coñecida como Carballeira de Quiroga ou Fraga de Catasós, que está declarada Monumento Natural pola Xunta de Galicia ao albergar un bosque mixto repleto de carballos, sobreiras e castiñeiros, considerándose a estes últimos os máis altos de Europa polos seus 30 mts. de altura, máis de 5 mts. de diámetro e 200 anos de lonxevidade.

Outro dos bosques cunha sona que traspasa fronteiras é a Carballeira de Barcia, non só polos seus impresionantes exemplares, senón tamén por estar considerada como auténtica obra de arte, xa que ten a peculiaridade de que desde calquera ángulo que se mire, a disposición dos carballos sempre se mantén nunha perfecta liña recta.

Un regato convertido en símbolo

Relativamente recente foi a creación de todo un espazo de lecer en contacto coa natureza articulado baixo a presenza do río Pontiñas. Aínda que tempo atrás semellaba case un regato, o proceso de rehabilitación do seu discorrer a través do municipio deu lugar a un paseo fluvial duns 5 km. de lonxitude que agora se ergue como importante reclamo turístico do concello. No seu traxecto atópanse 15 pontes e 10 muíños tradicionais, así como diversas áreas verdes e infantís para a distensión dos visitantes.

Por outra banda, o paso do río Deza polo municipio, concretamente pola parroquia de Vilatuxe, é aproveitado cun fin lúdico, pois neste lugar creouse unha praia fluvial coñecida co nome de Pozo de Boi que cada verán acolle un importante número de visitantes que gozan dunha xornada de lecer á carón do río e baixo a sombra dos carballos.

Carballeira de BarciaPaseo do Pontiñas
Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Pazo de Camba

Pazo de Camba

Na parroquia rodeirense do mesmo nome álzase este señorial pazo coñecido tamén polo nome de Casa dos Churruchaos ou Casa Forte de San Xoán. Destaca...

Pazo de Cascaxide

Pazo de Cascaxide

Edificación de planta rectangular con dúas alturas, pese a que polo desnivel do terreo, nun lateral consta dun piso a maiores. Dispón de arcos nun...

Pazo da Algara

Pazo da Algara

Casona señorial das máis representativas do municipio cruceño. Atópase na parroquia de Gres e distínguese pola súa construción de forma rectangular con dúas alturas. Pese...

Pazo dos Gil

Pazo dos Gil

Edificio realizado en cachotaría distribuído en forma de L. Dende unha escalinata de pedra accédese a unha solaina na que se agocha o escudo coas...

Pazo de Borraxeiros

Pazo de Borraxeiros

Na parroquia que leva o mesmo nome atópase este pazo privado. Nel destaca o patio central que semella pertencer a unha nova construción. En canto...

Alto dos Xenerais

Alto dos Xenerais

En torno á conca do río Ulla o Entroido adquire protagonismo cunha tradición ancestral marcada por unhas personaxes singulares, os Xenerais que percorren a cabalo...

Romaría da Saleta

Romaría da Saleta

Conmemorando a aparición da virxe no lugar de La Salette nos Alpes franceses, a familia Rivas do Pazo de Sestelo mandou crear unha escultura da...

Romaría do Rapaz

Romaría do Rapaz

Trátase dunha romaría singular que non conta con ningunha semellante en toda a comunidade que comezou a celebrarse en 1989 na parroquia de Siador, a...

Festa da Paella

Festa da Paella

Na parroquia de Cortegada, no municipio de Silleda, ten lugar a Festa da Paella dende o ano 2001, data na que os organizadores das festas...

Romaría Santa Isabel

Romaría Santa Isabel

A parroquia de Escuadro, en Silleda, acolle cada 2 de xullo a onomástica de Santa Isabel cunha romaría á que se achegan devotos dos concellos...