Silleda

O municipio de Silleda alberga grandes paraxes naturais que merecen mención tanto pola súa beleza como polo seu valor natural. A singularidade do hábitat de certos espazos silledenses está certificada ao pertencer á Rede Natura 2000 para velar pola súa conservación; unha destas áreas son as Brañas de Xestoso, un entramado de humedais coroado por un lago formado polas chuvias e coñecido como Lagoa Sacra. Un dos enclaves máis relevantes pola súa altitude é a Serra do Candán, monte compartido coas Terras de Montes e que alberga un cumio de 1.014 mts. No seu descenso atópase, a carón dun regato, o abandonado pobo de Grobas no que semella non pasa o tempo.

Case noutro extremo do municipio, o bosque de Cascaxide (Escuadro), conformado por carballos, acivros e piñeiros, constitúe un dos grandes valores da Terra de Trasdeza ao ser declarado como Espazo Natural de Interese Local. Mentres, a pouca distancia do casco urbano, unha reliquia natural érguese impoñente entre a flora da zona. Trátase da sobreira de Siador cunha idade aproximada de 500 anos e cunhas dimensións e porte que a levou a ser incluída dentro do catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Maxestuosidade das fervenzas

O paso dos ríos Ulla e Deza polo municipio deixa ao seu paso un riquísimo ecosistema marcado pola presenza de numerosas especies piscícolas entre as que se atopan a boga de río, a troita, a anguía, a lamprea ou o salmón atlántico; así como exemplares de invertebrados moi escasos na zona, como é o Candil de Graslín.

Pero sen dúbida, o paraxe natural por excelencia é a fervenza do Toxa ao seu paso pola parroquia de Pazos, un auténtico espectáculo da natureza resultado dunha paisaxe abrupto que obriga ao río a salvar un desnivel de máis de 30 metros, converténdoa nunha das cataratas máis altas de Galicia. Con menor caída, pero de similar beleza é unha case descoñecida fervenza de Férveda, en Escuadro, agochada nun contorno practicamente virxe que a dota de maior vistosidade.

Lagoa SacraFervenza do Toxa
Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Pazo de Altamira

Pazo de Altamira

De planta rectangular, consta de dúas alturas, na zona baixa destaca unha pequena bufarda mentres que a planta superior  se caracteriza polas grandes fiestras de...

Pazo de Espinosa

Pazo de Espinosa

Localizado na parroquia lalinense de Soutolongo, este pazo señorial está construído en pedra sen labrar, como é habitual en Galicia neste tipo de edificacións. Presidido...

Pazo de Sestelo

Pazo de Sestelo

Na parroquia de Siador atópase esta propiedade privada, tamén coñecida como Casa do Sestelo, circundada por un impresionante recinto amurallado. Dispón de dúas alturas, na...

Pazo do Cascallal

Pazo do Cascallal

Situada na parroquia cruceña de Merza, esta propiedade privada caracterízase pola bo estado de conservación dalgúns dos seus elementos máis significativos, entre os que se...

Pazo de Camba

Pazo de Camba

Na parroquia rodeirense do mesmo nome álzase este señorial pazo coñecido tamén polo nome de Casa dos Churruchaos ou Casa Forte de San Xoán. Destaca...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...

Festa da Paella

Festa da Paella

Na parroquia de Cortegada, no municipio de Silleda, ten lugar a Festa da Paella dende o ano 2001, data na que os organizadores das festas...

Romaría da Saleta

Romaría da Saleta

Conmemorando a aparición da virxe no lugar de La Salette nos Alpes franceses, a familia Rivas do Pazo de Sestelo mandou crear unha escultura da...

Feira do Chourizo

Feira do Chourizo

Un dos produtos cárnicos máis recorrente na gastronomía galega é o chourizo, ao que o concello de Vila de Cruces dedida un festexo marcado non...

Festa da Tortilla

Festa da Tortilla

Un dos pratos máis típicos da cociña española e recorrente en calquera romaría é a tortilla, que na parroquia de Laro, en Silleda, congrega cada...