Vila de Cruces

O concello de Vila de Cruces destaca pola súa disposición como península fluvial, pois as súas fronteiras naturais están marcadas polos ríos Ulla, Deza e Arnego. O seu suco unido a un terreo abrupto marca a presenza de remansos e pozas ao longo das súas concas. A importancia da auga para este municipio e o coidado dos seus ríos xerminou a proliferación de coidadas áreas recreativas que, pese a estar ideadas para o lecer no verán, constitúen un auténtico reclamo digno de ser visitado en calquera época do ano.

Un dos espazos máis representativos é a praia fluvial da Carixa, en Merza; a carón do río disponse unha piscina de auga fluvial xunto a unha zona verde con parque infantil, espazo para o deporte e mesmo con mobiliario para un xantar campestre. Outra das áreas recreativas con maior relevancia entre os veciños é a illa de Remesquide, un encantador espazo que se une á terra unicamente por unha ponte, converténdose nunha paraxe fermosa para pasear e relaxarse. En canto á flora, os bosques do municipio destacan pola presenza de piñeiros, castaños, sobreiras e carballos.

Auga convertida en terra

Un dos lugares que máis sorpresa causa entre os visitantes a Vila de Cruces pola beleza do seu contorno natural son as Illas de Gres. Unha paraxe no lugar da Capela, na parroquia de Gres, conformado por seis illas artificiais, cinco delas unidas por pasarelas que dotan de maxia e encanto esta espazo perdido no tempo. No seu contorno pódese atopar un muíño e unha ponte romana con once arcos. Pola contra, o encoro de Portodemouros converteu a terra pola que pasaba o río Ulla en auga, un espazo moi demandado para os amantes de deportes acuáticos e para afecioandos ao mundo da pesca.

Área recreativa de RemesquideÁrea recreativa da Illa de Gres
Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Pazo de Altamira

Pazo de Altamira

De planta rectangular, consta de dúas alturas, na zona baixa destaca unha pequena bufarda mentres que a planta superior  se caracteriza polas grandes fiestras de...

Pazo de Raíndo

Pazo de Raíndo

Situado na parroquia de Piloño, este pazo privado disponse nun recinto amurallado composto por diversas edificacións que agochan un patio interior. A nave da vivenda...

Pazo do Cascallal

Pazo do Cascallal

Situada na parroquia cruceña de Merza, esta propiedade privada caracterízase pola bo estado de conservación dalgúns dos seus elementos máis significativos, entre os que se...

Casa Fidalgos de Palio

Casa Fidalgos de Palio

Na parroquia de Cercio atópase este emblemático pazo de planta rectangular da que sobresae unha solemne torre. Para acceder á vivenda é preciso atravesar un...

Pazo de Espinosa

Pazo de Espinosa

Localizado na parroquia lalinense de Soutolongo, este pazo señorial está construído en pedra sen labrar, como é habitual en Galicia neste tipo de edificacións. Presidido...

Alto dos Xenerais

Alto dos Xenerais

En torno á conca do río Ulla o Entroido adquire protagonismo cunha tradición ancestral marcada por unhas personaxes singulares, os Xenerais que percorren a cabalo...

Festa da Tortilla

Festa da Tortilla

Un dos pratos máis típicos da cociña española e recorrente en calquera romaría é a tortilla, que na parroquia de Laro, en Silleda, congrega cada...

Romaría Santa Isabel

Romaría Santa Isabel

A parroquia de Escuadro, en Silleda, acolle cada 2 de xullo a onomástica de Santa Isabel cunha romaría á que se achegan devotos dos concellos...

Feira do Cocido

Feira do Cocido

Constitúe a cita gastronómica máis importante do municipio e unha das máis relevantes de toda a comarca, pois está declarada como Festa de Interese Turístico...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...