Feira do Cocido

Constitúe a cita gastronómica máis importante do municipio e unha das máis relevantes de toda a comarca, pois está declarada como Festa de Interese Turístico Nacional. Os seus inicios remóntanse ao ano 1968, cando un grupo de emprendedores decidiron crear este evento como unha exaltación dos produtos cárnicos da zona, especialmente do porcino, que no municipio conta con gran produción. Festexada no domingo corredoiro como preludio do Entroido, a Feira do Cocido adquiriu maior dimensión cos anos de maneira que durante un mes antes da celebración comezan os actos, enmarcando actividades como a Matanza Tradicional, así como a presentación do “Cocido” noutras comunidades e incluso países; e nos días previos, unha gala musical con artistas internacionais.

Día do Cocido

Na xornada festiva os actos inícianse cun simbólico e vistoso nomeamento de encomendadores do Cocido a personaxes de relevancia. Seguidamente o pregón dun convidado de renome para abrir o desfile polas rúas do municipio de carrozas, charangas e comparsas nos que os oficios tradicionais están representados por distintas parroquias sendo acompañados pola troula, as máscaras e o colorido dos grupos que as acompañan. Seguidamente os restaurantes da zona ofrecen nos seus menús o tradicional cocido con sobremesas baseadas en doces de Entroido mentres que no recinto da feira se dispón un mercado no que destacan produtos cárnicos e artesáns. Esta cita acolle un gran número de visitantes acadando cifras que superan as 50.000 persoas.

Prato de CocidoDesfile Feira do Cocido
Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Pazo de Camba

Pazo de Camba

Na parroquia rodeirense do mesmo nome álzase este señorial pazo coñecido tamén polo nome de Casa dos Churruchaos ou Casa Forte de San Xoán. Destaca...

Pazo da Viña

Pazo da Viña

Edificación con fábrica en forma de L á que se chega tras cruzar un gran patio pechado. Da fachada principal destacan dúas grandes fiestras rectangulares...

Pazo de Borraxeiros

Pazo de Borraxeiros

Na parroquia que leva o mesmo nome atópase este pazo privado. Nel destaca o patio central que semella pertencer a unha nova construción. En canto...

Pazo de Sestelo

Pazo de Sestelo

Na parroquia de Siador atópase esta propiedade privada, tamén coñecida como Casa do Sestelo, circundada por un impresionante recinto amurallado. Dispón de dúas alturas, na...

Pazo dos Gil

Pazo dos Gil

Edificio realizado en cachotaría distribuído en forma de L. Dende unha escalinata de pedra accédese a unha solaina na que se agocha o escudo coas...

Festa da Empanada

Festa da Empanada

Este festexo celébra no mes de agosto na localidade de A Bandeira, en Silleda, dende o ano 1974, pero é no ano 1999 no que...

Feira do Chourizo

Feira do Chourizo

Un dos produtos cárnicos máis recorrente na gastronomía galega é o chourizo, ao que o concello de Vila de Cruces dedida un festexo marcado non...

Festa da Paella

Festa da Paella

Na parroquia de Cortegada, no municipio de Silleda, ten lugar a Festa da Paella dende o ano 2001, data na que os organizadores das festas...

Romaría do Rapaz

Romaría do Rapaz

Trátase dunha romaría singular que non conta con ningunha semellante en toda a comunidade que comezou a celebrarse en 1989 na parroquia de Siador, a...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...