Alto dos Xenerais

En torno á conca do río Ulla o Entroido adquire protagonismo cunha tradición ancestral marcada por unhas personaxes singulares, os Xenerais que percorren a cabalo os fogares das parroquias cantando vítores aos veciños previa donación económica.

A súa existencia remóntase ao século XIX e adquire especial relevancia cando escenifican un "alto ou atranque" no que a figura do "correos" dá paso á dialéctica entre xenerais de ambos bandos no que a sátira se ergue como protagonista tomando como contexto os distintos asuntos sociais e políticos acontecidos durante o ano.

No municipio de Vila de Cruces, contabilízanse tres parroquias nas que se festexa o entroido co tradicional "alto dos Xenerais" sendo Merza a que conta con maior repercusión celebrándose no Campo da Igrexa, seguida polos atranques de Piloño e Salgueiros, ambos celebrados no campo da festa.

Vistosidade

A súa principal característica está nos traxes, completamente engalanados con faixín, ribetes e as bandeiras galega e española; aínda que a súa vistosidade reside nos seus tricornios presididos por plumas de pavo real acompañadas de plumachos de cores. Compartindo protagonismo atópanse os equinos, con espello engalanado con plumas e abalorios que portan na súa testa, xunto a un gran medallón.

Trátase dun evento no que veciños e visitantes gozan dun ambiente de troula e diversión enmarcado nuns Entroidos rurais dos máis singulares da comunidade galega, tendo como referencia as conquistas de antano dándolle unha visión burlesca propia destas datas festivas.

Alto dos Xenerais en PiloñoAlto dos Xenerais en Merza
Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Casa Fidalgos de Palio

Casa Fidalgos de Palio

Na parroquia de Cercio atópase este emblemático pazo de planta rectangular da que sobresae unha solemne torre. Para acceder á vivenda é preciso atravesar un...

Pazo do Cascallal

Pazo do Cascallal

Situada na parroquia cruceña de Merza, esta propiedade privada caracterízase pola bo estado de conservación dalgúns dos seus elementos máis significativos, entre os que se...

Pazo dos Gil

Pazo dos Gil

Edificio realizado en cachotaría distribuído en forma de L. Dende unha escalinata de pedra accédese a unha solaina na que se agocha o escudo coas...

Pazo de Altamira

Pazo de Altamira

De planta rectangular, consta de dúas alturas, na zona baixa destaca unha pequena bufarda mentres que a planta superior  se caracteriza polas grandes fiestras de...

Pazo de Trasulfe

Pazo de Trasulfe

Segundo os historiadores, edificación que data do século XV. Trátase dunha casona señorial con nave en forma de U que destaca pola súa solaina e...

Romaría do Rapaz

Romaría do Rapaz

Trátase dunha romaría singular que non conta con ningunha semellante en toda a comunidade que comezou a celebrarse en 1989 na parroquia de Siador, a...

Romaría da Saleta

Romaría da Saleta

Conmemorando a aparición da virxe no lugar de La Salette nos Alpes franceses, a familia Rivas do Pazo de Sestelo mandou crear unha escultura da...

Feira do Cocido

Feira do Cocido

Constitúe a cita gastronómica máis importante do municipio e unha das máis relevantes de toda a comarca, pois está declarada como Festa de Interese Turístico...

Festa da Empanada

Festa da Empanada

Este festexo celébra no mes de agosto na localidade de A Bandeira, en Silleda, dende o ano 1974, pero é no ano 1999 no que...

Alto dos Xenerais

Alto dos Xenerais

En torno á conca do río Ulla o Entroido adquire protagonismo cunha tradición ancestral marcada por unhas personaxes singulares, os Xenerais que percorren a cabalo...