Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano", xa que nela habitou durante o S.XIX un italiano afincado na zona, e tras anos constituíndose como albergue para peregrinos, foi entregada por herdanza ao escritor que decidiu doala á Xunta de Galicia para a súa restauración con fins culturais.

A Fundación nace de xeito legal no ano 1996 despois da aceptación, por parte da administración, de dita doazón. Comezan así os traballos propios que incluíron unha nova construción anexa na que actualmente reside o ilustrado; xunto cunha sala de exposicións e concertos, destinando a antiga vivenda a Museo Etnográfico e Biblioteca Pública.

A sala etnográfica componse dunhas 300 pezas arquivadas segundo temáticas tales como fogar, apicultura, gaiteiros, escola ou elaboración do viño, entre outras. Pola súa banda, a biblioteca conta cun fondo editorial de 8.500 volúmenes e unha sala de lectura para nenos e outra para adultos. Ademais, o Salón de Actos "Luís Seoane" permite albergar concertos, exposicións, teatros e mesmo conferencias.

Enderezo:
Gres. Vila de Cruces.

Teléfono:
986 58 90 26.

Horarios:
De luns a sábado de 17 a 19 h. (inverno) e de 18 a 20 h. (verán). Pechado domingos e a segunda quincena de agosto.

Web:
www.fundacionxoseneiravilas.com

Vista Fundación Xosé Neira VilasInterior Fundación Xosé Neira Vilas
Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Pazo de Eidián

Pazo de Eidián

A edificación, de dúas alturas, presenta unha planta en forma de T resultado de diversas modificacións posteriores, xa que na seu orixe estaba disposto en...

Pazo de Outeiro

Pazo de Outeiro

Na parroquia de Vilatuxe atópase este pazo privado cunha nave en forma de L. Para chegar á vivenda atravésase un portalón no que se atopan...

Pazo de Borraxeiros

Pazo de Borraxeiros

Na parroquia que leva o mesmo nome atópase este pazo privado. Nel destaca o patio central que semella pertencer a unha nova construción. En canto...

Pazo de Barcia

Pazo de Barcia

Na parroquia do mesmo nome atópase esta pazo privado construído en  forma de L. Na súa fachada destaca unha escalinata que permite acceder ata a...

Pazo da Torre

Pazo da Torre

Situado na parroquia de Merza, esta casona señorial atópase perfectamente amurallada chegando a conservar unha torre defensiva. Nas dependencias interiores contabilízanse un total de 8...

Feira do Chourizo

Feira do Chourizo

Un dos produtos cárnicos máis recorrente na gastronomía galega é o chourizo, ao que o concello de Vila de Cruces dedida un festexo marcado non...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...

Romaría do Rapaz

Romaría do Rapaz

Trátase dunha romaría singular que non conta con ningunha semellante en toda a comunidade que comezou a celebrarse en 1989 na parroquia de Siador, a...

Alto dos Xenerais

Alto dos Xenerais

En torno á conca do río Ulla o Entroido adquire protagonismo cunha tradición ancestral marcada por unhas personaxes singulares, os Xenerais que percorren a cabalo...

Malla Tradicional

Malla Tradicional

En Doade, parroquia do Concello de Lalín, recrease cada mes de agosto, dende 1999, un dos traballos do agro máis singulares, o do proceso da...