Lalín

Este municipio é o máis extenso da provincia de Pontevedra con 297'8 km² sendo ademais o máis poboado da Comarca de Deza, na que se ergue como capital. Os seus límites están marcados por distintos accidentes xeográficos; a serra do Carrio e os Montes de Camballón sepárano de Vila de Cruces; o río Arnego é a fronteira cos veciños concellos de Agolada e Rodeiro, mentres que o río Deza limita coas terras de Trasdeza e os montes da Rocha con Dozón.

A súa situación privilexiada, pois coñécese como o “quilómetro 0 de Galicia”, converte a este municipio nun importante nexo de comunicación da comunidade galega. Consta dun total de 51 parroquias e 348 aldeas, marcadas principalmente polo carácter agrícola e gandeiro, pese a que viviu un gran auxe industrial (especialmente no téxtil e a construción) e de servizos, proba diso atópase no impoñente Polígono Industrial Lalín 2000.

A metrópole do agro

Destacan entre a súa oferta turística lugares como o Museo da Marioneta e o Museo Municipal Ramón Aller, ambos situados no casco urbano, mentres que en Doade a historia e as labores do agro constitúen un auténtico Museo Etnográfico coñecido como “Casa do Patrón” dando mostra de que a orgullosa identidade deste concello está marcada pola terra da que vén e na que medra.

Convertido en referente urbanita da zona, a modernidade neste municipio sempre se mantén parella da cultura e tradición máis enxebre. Mitos e lendas como os que se agochan no Santuario do Corpiño ou a maxestuosidade dos señoríos doutro tempo como o Pazo de Liñares, Pazo de Anzuxao ou Pazo de Figueiroa, entre outros, constitúen a historia viva de Lalín.

Un manxar de cortello

Un concello de contrastes, así se pode identificar a Lalín, un lugar no que o turismo verde percorre frondosas carballeiras como a de Barcia ou a de Catasós, lugares emblemáticos como Zobra… e o paseo Pontiñas que atravesa todo o casco urbano, converténdose en reclamo para o visitante, sen esquecer esa parada obrigada na estatua do “porco”, símbolo indiscutible da súa gastronomía ou na estatua dos cabalos, obra emblemática pola celebración da popular Feira do Cabalo.

É o chamado "marisco de cortello" o que distingue á cociña lalinense que se homenaxea co seu prato máis internacional, o cocido galego, nun evento único a Feira do Cocido, declarada Festa de Galicia de Interese Turístico. Esta celebración, que vén marcada por todo un mes de actividades previo ao día grande, reúne cada ano a miles de persoas que se achegan ata a capital de Deza para asistir no domingo previo ao Entroido ao momento álxido no que un desfile de carrozas percorre as rúas e persoeiros ilustres se converten en "encomendadores do cocido". Ao amparo deste festexo naceu un evento deportivo que, en cada edición reúne a numerosos afeccionados ao motor no coñecido "Rali do Cocido". Ademais desta competición, a vila acolle outra celebración para os apaixonados das dúas rodas, o "Enduro".

Escudo entrada LalínSantuario do CorpiñoEstatua ao porco
Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Pazo de Raíndo

Pazo de Raíndo

Situado na parroquia de Piloño, este pazo privado disponse nun recinto amurallado composto por diversas edificacións que agochan un patio interior. A nave da vivenda...

Pazo de Cascaxide

Pazo de Cascaxide

Edificación de planta rectangular con dúas alturas, pese a que polo desnivel do terreo, nun lateral consta dun piso a maiores. Dispón de arcos nun...

Pazo de Barcia

Pazo de Barcia

Na parroquia do mesmo nome atópase esta pazo privado construído en  forma de L. Na súa fachada destaca unha escalinata que permite acceder ata a...

Pazo dos Gil

Pazo dos Gil

Edificio realizado en cachotaría distribuído en forma de L. Dende unha escalinata de pedra accédese a unha solaina na que se agocha o escudo coas...

Pazo de Anzuxao

Pazo de Anzuxao

A edificación destaca pola súa construción en pedra sen labrar e a súa disposición en forma de L. Destaca pola súa ampla galería na que...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...

Romaría da Saleta

Romaría da Saleta

Conmemorando a aparición da virxe no lugar de La Salette nos Alpes franceses, a familia Rivas do Pazo de Sestelo mandou crear unha escultura da...

Alto dos Xenerais

Alto dos Xenerais

En torno á conca do río Ulla o Entroido adquire protagonismo cunha tradición ancestral marcada por unhas personaxes singulares, os Xenerais que percorren a cabalo...

Malla Tradicional

Malla Tradicional

En Doade, parroquia do Concello de Lalín, recrease cada mes de agosto, dende 1999, un dos traballos do agro máis singulares, o do proceso da...

Festa da Rosquilla

Festa da Rosquilla

Abades, parroquia de Silleda, exalta as rosquillas nunha romaría relixiosa marcada por este doce reposteiro. Os "melindres", nome co que popularmente son coñecidas no municipio,...