Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada pola historia do propio concello de Rodeiro xa que alberga restos arqueolóxicos descubertos no municipio. Aquí atópanse diversos materiais dos castros de Casasoa e Cantelle, así como os procedentes das excavacións da vila romana de Fafián.

A segunda das salas, con temática etnográfica, recolle obxectos referidos a oficios tradicionais que contaron con gran presenza no concello chegando a adquirir gran sona; son as labores de carpinteiro ou ferreiro, e mesmo aparellos relativos á elaboración do liño.

Na última das salas, albérgase unha exposición permante con pinturas do artista José Luis Vázquez Vázquez, tamén coñecido como Vilaseco, e na que se recollen un total de 47 cadros, doados polo pintor e pertencentes a diferentes etapas, que se clasifican dentro da temática costumista que marca a traxectoria desta relevante figura da arte galega.

Enderezo:
Rodeiro

Teléfono:
986 79 03 01

Horarios:
De 9 a 14 e de 15.30 a 21 h. Sábados, domingos e festivos pechado.

Observacións:
Entrada gratuíta. Visita guiada opcional.
 

lMuseo Manuel Lamazares
Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Casa da Pena

Casa da Pena

Localizada en San Pedro de Carmoega, esta Casa Grande distínguese pola súa fachada na que permanecen os escudos dos propietarios orixinais, as familias Vilamarín e...

Pazo de Camba

Pazo de Camba

Na parroquia rodeirense do mesmo nome álzase este señorial pazo coñecido tamén polo nome de Casa dos Churruchaos ou Casa Forte de San Xoán. Destaca...

Pazo de Altamira

Pazo de Altamira

De planta rectangular, consta de dúas alturas, na zona baixa destaca unha pequena bufarda mentres que a planta superior  se caracteriza polas grandes fiestras de...

Pazo dos Gil

Pazo dos Gil

Edificio realizado en cachotaría distribuído en forma de L. Dende unha escalinata de pedra accédese a unha solaina na que se agocha o escudo coas...

Pazo de Cascaxide

Pazo de Cascaxide

Edificación de planta rectangular con dúas alturas, pese a que polo desnivel do terreo, nun lateral consta dun piso a maiores. Dispón de arcos nun...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...

Romaría do Corpiño

Romaría do Corpiño

Un dos santuarios de maior trascendencia do interior de Galicia é o de Nosa Señora do Corpiño por atribuírlle a esta santa propiedades curativas contra...

Festa da Rosquilla

Festa da Rosquilla

Abades, parroquia de Silleda, exalta as rosquillas nunha romaría relixiosa marcada por este doce reposteiro. Os "melindres", nome co que popularmente son coñecidas no municipio,...

Festa da Carne ao Caldeiro

Festa da Carne ao Caldeiro

Segundo a tradición, o típico prato da carne ao caldeiro foi o resultado do irmandamento xurdido cando os arrieiros de Castela e Estremadura chegaban ás...

Festa da Tortilla

Festa da Tortilla

Un dos pratos máis típicos da cociña española e recorrente en calquera romaría é a tortilla, que na parroquia de Laro, en Silleda, congrega cada...