O Camiño en Trasdeza

Trasdeza constitúe a penúltima etapa do Camiño de Santiago, unha ruta marcada polo contacto coa natureza e a realización persoal e espiritual antes de renderse ante a beleza da Praza do Obradoiro. Os peregrinos que realizan esta ruta non só gozan da hospitalidade dos galegos, senón que tamén coñecen lugares emblemáticos e de gran beleza, tanto natural como patrimonial, ocultos nestas terras.

Son moitos os que regresan a Silleda despois de realizar o Camiño de Santiago para deterse e admirar eses símbolos que se agochan en espazos case vírxenes, como a Fervenza do río Toxa ou o Mosteiro de Carboeiro.

Silleda cara a Compostela

A Vía da Prata entra nos límites do Concello de Silleda pola parroquia de Taboada. Seguindo a senda marcada polas cunchas de Santiago adéntrase nun belo espazo natural á carón do río Deza pasando pola ponte medieval que dá nome ao lugar e que, segundo a inscrición que a acompaña data do ano 912. Desde este punto, o traxecto continúa paralelo á estrada N-525 onde se atopa a igrexa de Santiago de Taboada, na que segundo a lenda, o peregrino debe golpear coa súa testa na porta. A poucos metros, unha área recreativa permite tomar os folgos precisos xunto a unha estatua dedicada ao peregrino anónimo.

Esta ruta continúa cara ao polígono industrial Área 33 na que se atopa a Base de Protección Civil. O tramo adéntrase pasando a carón do Pazo de Trasfontao ata confluír cun espazo natural de gran beleza, a carballeira das Pedrosas. Continuando a ruta chégase ao casco urbano de Silleda onde se disporá de todos os servizos precisos, así como diversas ofertas de aloxamento hostaleiro e de albergues.

O traxecto segue a carón da N-525 ata Chapa onde se atopa unha área de recreo coñecida como o “Muíño de Covián”. A uns metros, antes de chegar á localidade da Bandeira, existe un desvío duns 3 km. cara ao albergue de Medelo “Xacobeo 93”. Se non se colle esta desviación chégase ao segundo núcleo de Trasdeza, A Bandeira, con servizos similares aos da capital municipal. O traxecto continúa por Vilariño, Piñeiro e Dornelas ata adentrarse en terras da Estrada, chegando ao último tramo da viaxe para conseguir a Compostelá.

Estatua ao Peregrino AnónimoPonte Medieval de Taboada
Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Pazo de Outeiro

Pazo de Outeiro

Na parroquia de Vilatuxe atópase este pazo privado cunha nave en forma de L. Para chegar á vivenda atravésase un portalón no que se atopan...

Pazo de Sestelo

Pazo de Sestelo

Na parroquia de Siador atópase esta propiedade privada, tamén coñecida como Casa do Sestelo, circundada por un impresionante recinto amurallado. Dispón de dúas alturas, na...

Pazo da Torre

Pazo da Torre

Situado na parroquia de Merza, esta casona señorial atópase perfectamente amurallada chegando a conservar unha torre defensiva. Nas dependencias interiores contabilízanse un total de 8...

Pazo de Camba

Pazo de Camba

Na parroquia rodeirense do mesmo nome álzase este señorial pazo coñecido tamén polo nome de Casa dos Churruchaos ou Casa Forte de San Xoán. Destaca...

Pazo de Anzuxao

Pazo de Anzuxao

A edificación destaca pola súa construción en pedra sen labrar e a súa disposición en forma de L. Destaca pola súa ampla galería na que...

Festa da Rosquilla

Festa da Rosquilla

Abades, parroquia de Silleda, exalta as rosquillas nunha romaría relixiosa marcada por este doce reposteiro. Os "melindres", nome co que popularmente son coñecidas no municipio,...

Romaría Santa Isabel

Romaría Santa Isabel

A parroquia de Escuadro, en Silleda, acolle cada 2 de xullo a onomástica de Santa Isabel cunha romaría á que se achegan devotos dos concellos...

Festa do Lacón

Festa do Lacón

A Comarca de Deza é coñecida pola calidade das súas carnes, e moi especialmente polo aproveitamento culinario que do porco se realiza nesta zona. No...

Alto dos Xenerais

Alto dos Xenerais

En torno á conca do río Ulla o Entroido adquire protagonismo cunha tradición ancestral marcada por unhas personaxes singulares, os Xenerais que percorren a cabalo...

Festa da Empanada

Festa da Empanada

Este festexo celébra no mes de agosto na localidade de A Bandeira, en Silleda, dende o ano 1974, pero é no ano 1999 no que...