O Camiño en Lalín

A Vía da Prata entra no municipio de Lalín procedente de San Cristovo de Cea. Esta vía de peregrinaxe para acadar a Porta Santa de Santiago de Compostela é percorrida cada ano por miles de camiñantes de todos os puntos do planeta. Realizar este traxecto non en todos os casos segue unha devoción relixiosa, xa que unha gran parte dos peregrinos realizan este camiño como unha viaxe cultural e social, na que a hospitalidade das xentes que se atopan e a interacción con outros peregrinos son as súas verdadeiras señas de identidade.

Coñecer os encantos dos lugares polos que transcorren permite que pobos como Lalín traspasen as súas fronteiras e a súa oferta turística e gastronómica sexa divulgada fóra da comunidade galega. Os camiñantes atopan nesta localidade todos os servizos precisos de calquera cidade contando ademais con varias opcións de aloxamento, entre a que se atopa o Albergue de Peregrinos da Laxe, na parroquia de Bendoiro con capacidade para unha trintena de persoas e dotado con duchas, cociña e zona de descanso. É este punto confluencia de dous itinerarios xacobeos; a Vía da Prata e o Camiño de Inverno.

Camiño de Inverno

Esta ruta é elixida por numerosos peregrinos durante a época invernal para evitar a dificultade de ascender os cumes nevados do Cebreiro; deste xeito realízase un desvío do Camiño Francés á altura de Ponferrada. Aquí a ruta conta cunha pequena ascensión cara ao parque das Médulas adentrándose en Galicia por Valdeorras.

Seguindo por un traxecto máis doado, na meirande parte do percorrido mantense á beira do río Sil ata entrar na provincia de Lugo na que se contempla o túnel romano de Montefurado. Continuando pola Ribeira Sacra cruza o Miño por Belesar para despois subir cara ao Monte Faro, será alí onde se adentre en terras de Deza, en Rodeiro e Lalín, para confluír coa Vía da Prata á altura de Bendoiro.

Peregrinos atravesando a comarcaPeregrinos ante o antigo consistorio
Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Pazo da Algara

Pazo da Algara

Casona señorial das máis representativas do municipio cruceño. Atópase na parroquia de Gres e distínguese pola súa construción de forma rectangular con dúas alturas. Pese...

Pazo de Camba

Pazo de Camba

Na parroquia rodeirense do mesmo nome álzase este señorial pazo coñecido tamén polo nome de Casa dos Churruchaos ou Casa Forte de San Xoán. Destaca...

Casa da Pena

Casa da Pena

Localizada en San Pedro de Carmoega, esta Casa Grande distínguese pola súa fachada na que permanecen os escudos dos propietarios orixinais, as familias Vilamarín e...

Casa Fidalgos de Palio

Casa Fidalgos de Palio

Na parroquia de Cercio atópase este emblemático pazo de planta rectangular da que sobresae unha solemne torre. Para acceder á vivenda é preciso atravesar un...

Pazo de Eidián

Pazo de Eidián

A edificación, de dúas alturas, presenta unha planta en forma de T resultado de diversas modificacións posteriores, xa que na seu orixe estaba disposto en...

Festa da Carne ao Caldeiro

Festa da Carne ao Caldeiro

Segundo a tradición, o típico prato da carne ao caldeiro foi o resultado do irmandamento xurdido cando os arrieiros de Castela e Estremadura chegaban ás...

Festa da Rosquilla

Festa da Rosquilla

Abades, parroquia de Silleda, exalta as rosquillas nunha romaría relixiosa marcada por este doce reposteiro. Os "melindres", nome co que popularmente son coñecidas no municipio,...

Romaría Santa Isabel

Romaría Santa Isabel

A parroquia de Escuadro, en Silleda, acolle cada 2 de xullo a onomástica de Santa Isabel cunha romaría á que se achegan devotos dos concellos...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...

Malla Tradicional

Malla Tradicional

En Doade, parroquia do Concello de Lalín, recrease cada mes de agosto, dende 1999, un dos traballos do agro máis singulares, o do proceso da...