Como sucede na meirande parte das edificacións señorais da época, este pazo da parroquia de Filgueira consta de fábrica realizada en cachotaría e disposición rectangular. Da súa fachada destaca unha balconada suxeita por tres columnas de pedra, contando na parte central co escudo familiar. A vivenda está presidida por unha impoñente cheminea. Trátase dun pazo de propiedade privada.