Na parroquia do mesmo nome atópase esta pazo privado construído en forma de L. Na súa fachada destaca unha escalinata que permite acceder ata a solaina que se atopa no lado oposto e que se sustenta en columnas de capiteis decorados. Na planta baixa, estas columnas, decoradas de distinta maneira, conforman un pequeno soportal. Cabe destacar a cachotaría predominante no recinto amurallado onde sobresae a entrada principal con arco de medio punto rematado con frontón con escudo. Dentro do conxunto inclúese unha torre lateral que destaca polas gárgolas que a presiden.