Rodeiro

Cunha superficie de 167 km² o concello de Rodeiro érguese en terras de Camba mostrando a herdanza da grandeza dos tempos feudais. Componse dun total de 140 aldeas articuladas en torno a 20 parroquias. A súa disposición entre cadeas montañosas marca as súas fronteiras como é o caso da Serra do Farelo que o separa de Agolada ou Pena Gándara, na Serra do Faro, que serve de límite con Dozón; mentres o río Arnego o limita do concello de Lalín. O seu principal nexo comunicacional está marcado pola estrada que une Lalín con Monforte, por Chantada.

A súa economía baséase principalmente na agricultura e gandería, cun claro dominio das explotacións vacúns, tanto lácteas como cárnicas. Tempo atrás chegou a contar cunha importante cabana de ovino e equipo que foi perdendo presenza nos últimos anos. En canto ao sector labrego, predomina a calidade e fama das súas patacas e cereais, mentres certos oficios chegaron a acadar gran sona como foi o caso dos “fiadeiros de Alceme”.

Esplendor dos tempos fidalgos

A cultura e a historia de Camba reflíctese nos restos arqueolóxicos encontrados como a Vila Romana de Fafián ou os castros de Casasoa e de Cantelle. En canto ás edificacións de carácter relixioso predominan as igrexas de Asperedo, Carboentes ou Pedroso, entre outras, polo seu estilo románico; mentres o barroco é o protagonista nas homónimas de San Salvador de Eirexe ou a Parroquial de Guillar.

O paso de familias fidalgas deixou nesta terra unha gran riqueza patrimonial que queda patente nos numerosos pazos dos que destaca o Pazo de Trasulfe, un dos máis representativos da historia solariega galega, compartindo protagonismo con outros exemplos palacianos como son o Pazo de Camba; a  casa da Guerra e do Arco, en San Cibrao; ou a Tulla de Outeiro onde os monxes de Oseira almacenaban as súas rendas. Para os amantes da natureza, diversas rutas polo Monte do Faro proporcionan vistas inmellorables de todo o Val de Camba, mentres os amantes da arte disporán do Museo Municipal Manuel Lamazares no que poderán admirar pinturas de Vilaseco.

A caza na mesa

As feiras teñen o seu máximo expoñente na coñecida Feira de Santa María de Río, que se celebra os días 15 de cada mes, e onde aínda permanecen os vestixios de antigos postos que evidencian a importancia que supuxo para o mantemento do comercio. Por outra banda, e dentro das romarías relixiosas, non se pode esquecer a Nosa Señora do Faro que cada ano incrementa o número de fieis que acoden en peregrinaxe ata o monte do mesmo nome.

E como en toda romaría o xantar convértese no outro protagonista da xornada. Neste aspecto, a gastronomía de Rodeiro baséase nas carnes, aínda que entre os seus pratos predominan as procedentes da caza, ás que se lle chega a dedicar un día grande na Festa da Caza. A presenza do Arnego non pasa inadvertida na mesa e as troitas son outro dos manxares da zona; e para unha boa sobremesa, os bos queixos de Camba.

Praza Concello de Rodeiro Vila RomanaPendellos Feira de Río 
Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Pazo de Sestelo

Pazo de Sestelo

Na parroquia de Siador atópase esta propiedade privada, tamén coñecida como Casa do Sestelo, circundada por un impresionante recinto amurallado. Dispón de dúas alturas, na...

Pazo de Liñares

Pazo de Liñares

A súa construción data do século XVII, creada por orde de Álvaro Núñez Taboada; estando presidida polos escudos familiares de Taboada, Núñez e os Lemos...

Pazo de Espinosa

Pazo de Espinosa

Localizado na parroquia lalinense de Soutolongo, este pazo señorial está construído en pedra sen labrar, como é habitual en Galicia neste tipo de edificacións. Presidido...

Pazo dos Gil

Pazo dos Gil

Edificio realizado en cachotaría distribuído en forma de L. Dende unha escalinata de pedra accédese a unha solaina na que se agocha o escudo coas...

Pazo de Altamira

Pazo de Altamira

De planta rectangular, consta de dúas alturas, na zona baixa destaca unha pequena bufarda mentres que a planta superior  se caracteriza polas grandes fiestras de...

Festa da Paella

Festa da Paella

Na parroquia de Cortegada, no municipio de Silleda, ten lugar a Festa da Paella dende o ano 2001, data na que os organizadores das festas...

Festa da Rosquilla

Festa da Rosquilla

Abades, parroquia de Silleda, exalta as rosquillas nunha romaría relixiosa marcada por este doce reposteiro. Os "melindres", nome co que popularmente son coñecidas no municipio,...

Festa da Carne ao Caldeiro

Festa da Carne ao Caldeiro

Segundo a tradición, o típico prato da carne ao caldeiro foi o resultado do irmandamento xurdido cando os arrieiros de Castela e Estremadura chegaban ás...

Feira do Chourizo

Feira do Chourizo

Un dos produtos cárnicos máis recorrente na gastronomía galega é o chourizo, ao que o concello de Vila de Cruces dedida un festexo marcado non...

Feira do Cocido

Feira do Cocido

Constitúe a cita gastronómica máis importante do municipio e unha das máis relevantes de toda a comarca, pois está declarada como Festa de Interese Turístico...