Ruta do Farelo

Lonxitude: 4 km.
Duración: 1.30 horas.
Comezo: Capela de San Silvestre de Aldea do Monte.
Chegada: Navallo.
Sitios de Interese: Pazo Castro de Amarante.
Dificultade: Baixa.
Época: Calquera
Ruta do Farelo

Etapa 1

Comezamos a nosa ruta ao pé do lado occidental do monte Farelo, na parroquia de Ventosa. Para chegar a este lugar, collemos en Agolada a estrada que vai a Rodeiro, e ao chegar a Ventosa tomamos unha desviación á esquerda. Ao lado da capela de San Silvestre iniciamos o noso discorrer deixándoa á esquerda. Cruzada a ponte, tomamos o ramal ascendente da esquerda. Preto de Agolada, tomaremos un camiño de terra á esquerda. Cando levemos preto de media hora camiñando dende o noso inicio chegaremos ao Coto das Tensas, onde enlazamos coa pista que sube de San Martiño do Carraco.

Etapa 2

Dende aquí a ruta continua por un cortalumes á esquerda, que ascende pola ladeira sur do monte. O principal atractivo desta ruta é o poder contemplar o extenso territorio que domina dende o máis alto, Agolada, Melide, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, as serras do Faro, Ancares, Candán... Baixar ata o Farelo pequeno supón outra media hora. Para retomar o punto de comezo dende alí tomaremos a desviación que se atopa baixando á dereita. Moi rapidamente enlázase coa estrada que sube de Amarante, xirando á dereita vamos de novo ao Coto das Tenzas e dende alí ao punto de comezo. Datos obtidos do libro Guía do Deza de Luís Couto Lorenzo.

Mapa ruta do Farelo

 

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Casa Fidalgos de Palio

Casa Fidalgos de Palio

Na parroquia de Cercio atópase este emblemático pazo de planta rectangular da que sobresae unha solemne torre. Para acceder á vivenda é preciso atravesar un...

Casa da Pena

Casa da Pena

Localizada en San Pedro de Carmoega, esta Casa Grande distínguese pola súa fachada na que permanecen os escudos dos propietarios orixinais, as familias Vilamarín e...

Pazo de Barcia

Pazo de Barcia

Na parroquia do mesmo nome atópase esta pazo privado construído en  forma de L. Na súa fachada destaca unha escalinata que permite acceder ata a...

Pazo do Cascallal

Pazo do Cascallal

Situada na parroquia cruceña de Merza, esta propiedade privada caracterízase pola bo estado de conservación dalgúns dos seus elementos máis significativos, entre os que se...

Pazo de Espinosa

Pazo de Espinosa

Localizado na parroquia lalinense de Soutolongo, este pazo señorial está construído en pedra sen labrar, como é habitual en Galicia neste tipo de edificacións. Presidido...

Feira do Chourizo

Feira do Chourizo

Un dos produtos cárnicos máis recorrente na gastronomía galega é o chourizo, ao que o concello de Vila de Cruces dedida un festexo marcado non...

Romaría do Corpiño

Romaría do Corpiño

Un dos santuarios de maior trascendencia do interior de Galicia é o de Nosa Señora do Corpiño por atribuírlle a esta santa propiedades curativas contra...

Festa da Carne ao Caldeiro

Festa da Carne ao Caldeiro

Segundo a tradición, o típico prato da carne ao caldeiro foi o resultado do irmandamento xurdido cando os arrieiros de Castela e Estremadura chegaban ás...

Feira do Cabalo

Feira do Cabalo

Na capital do Deza os amantes do mundo equino teñen unha cita ineludible no mes de xuño, data na que se celebra a Feira do...

Feira do Cocido

Feira do Cocido

Constitúe a cita gastronómica máis importante do municipio e unha das máis relevantes de toda a comarca, pois está declarada como Festa de Interese Turístico...