Sobreirais do Arnego

Lonxitude: 15 Km con desnivel máximo de 150 metros.
Duración: 4 horas.
Comezo: Área recreativa do Arnego, Carmoega (Agolada).
Chegada: Área recreativa do Arnego.
Sitios de Interese: Sobreirais do Arnego, igrexa de Carmoega, igrexa de Tuiriz, ermida de Santo André.
Dificultade: Media.
Época: Calquera.
Ruta Sobreirais do Arnego

Etapa 1

Para comezar a nosa ruta debemos dirixirnos á área recreativa do Arnego, situada no lugar de Carmoega, no concello de Agolada. Para iso tomamos a estrada que vai dende Agolada cara a Vila de Cruces, desviándonos en Brántega cara a Carmoega e descendendo despois ata a área recreativa. Partimos pois dende a área recreativa seguindo a pista que nos leva a Carmoega. Superada a igrexa xiramos á esquerda por un camiño de terra. A uns 100 metros chegamos a un cruce no que continuamos polo ramal da dereita, volvendo a tomar logo o camiño á dereita na seguinte bifurcación 100 metros máis adiante.

Etapa 2

Segundo vamos gañando altura, podemos ver á nosa esquerda a Serra de Fornelos e abaixo o cauce do Arnego. Máis adiante desviámonos á esquerda e no cruce que está a uns 200 metros despois seguimos de frente. Tras un breve descenso chegamos ao lugar de Castro onde torcemos á esquerda. Cando a pendente se fai máis acusada, chegamos a unha bifurcación na que debemos seguir pola dereita. Ao chegar, tras un pequeno ascenso pola estrada que une Vila de Cruces con Agolada, xiramos á esquerda. Chegamos á ponte do Arnego, límite entre os dous concellos. Preto do mesmo, á dereita, despois de cruzar o río, encóntrase a área recreativa do Abeseiro, dotada de mesas, asentos e parrillas, un bo lugar para descansar antes de empezar a subida a Tuiriz.

Etapa 3

Sobrepasada a igrexa de Tuiriz, deberemos subir un pouco máis ata encontrar unha desviación á esquerda. Máis adiante encontrarémonos cunha pista que vén de Vila de Cruces e xiramos á esquerda. Antes de chegar ao lugar de Fornelos, desviámonos por un camiño que se atopa á esquerda. Unha vez percorrida a serra de Fornelos, dende onde gozamos dunhas vistas maravillosas. Chegamos a un cruce no que seguimos de frente empezando o descenso a Santoandré. Alí torcemos á dereita ao pé da ermida. A uns 100 metros xiraremos á esquerda e no seguinte cruce outra vez á esquerda. Tras uns 250 metros desviámonos á dereita seguindo sen perda ata a área recreativa do Arnego punto de inicio de esta ruta. Datos obtidos do libro Guía do Deza de Luís Couto Lorenzo.
Mapa ruta Sobreirais do Arnego
Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Pazo da Torre

Pazo da Torre

Situado na parroquia de Merza, esta casona señorial atópase perfectamente amurallada chegando a conservar unha torre defensiva. Nas dependencias interiores contabilízanse un total de 8...

Pazo de Liñares

Pazo de Liñares

A súa construción data do século XVII, creada por orde de Álvaro Núñez Taboada; estando presidida polos escudos familiares de Taboada, Núñez e os Lemos...

Pazo de Raíndo

Pazo de Raíndo

Situado na parroquia de Piloño, este pazo privado disponse nun recinto amurallado composto por diversas edificacións que agochan un patio interior. A nave da vivenda...

Pazo dos Gil

Pazo dos Gil

Edificio realizado en cachotaría distribuído en forma de L. Dende unha escalinata de pedra accédese a unha solaina na que se agocha o escudo coas...

Pazo de Filgueiroa

Pazo de Filgueiroa

Edificio disposto de xeito rectangular con vans de similar forma dispostos en tres das súas fachadas. A galería accédese dende unha escalinata central de construción...

Festa da Carne ao Caldeiro

Festa da Carne ao Caldeiro

Segundo a tradición, o típico prato da carne ao caldeiro foi o resultado do irmandamento xurdido cando os arrieiros de Castela e Estremadura chegaban ás...

Feira do Cocido

Feira do Cocido

Constitúe a cita gastronómica máis importante do municipio e unha das máis relevantes de toda a comarca, pois está declarada como Festa de Interese Turístico...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...

Festa da Tortilla

Festa da Tortilla

Un dos pratos máis típicos da cociña española e recorrente en calquera romaría é a tortilla, que na parroquia de Laro, en Silleda, congrega cada...

Festa do Lacón

Festa do Lacón

A Comarca de Deza é coñecida pola calidade das súas carnes, e moi especialmente polo aproveitamento culinario que do porco se realiza nesta zona. No...