Coto da Madanela

Lonxitude: 16 km.
Duración: 4 horas.
Comezo: Igrexa de Ferreirós.
Chegada: Igrexa de Ferreirós.
Sitios de Interese: Coto da Madanela, Capela de San Gregorio, Capela Virxe das Dores.
Dificultade: Media.
Época: Calquera.
Coto da Madalena

Etapa 1

Saímos dende a igrexa de Ferreirós e retrocederemos uns 250 metros en dirección a Vila de Cruces, ata o cruce onde está indicada a desviación a unha casa de turismo rural, e collemos a pista á dereita que se atopa en frente desta, empezando a subida á Madanela. Comezamos a ascensión que irá en dificultade de máis a menos.

Etapa 2

A uns 700 metros do comenzo chegamos a un cruce onde xiramos á dereita. No seguinte Km. vamos atopar dúas desviacións á dereita que deixaremos continuando pola nosa pista. No Km. 2.1 chegamos a unha bifurcación e seguimos polo ramal da esquerda, para 200 metros máis adiante xirar á dereita no seguinte cruce. Ao enlazar cunha pista asfaltada, xiramos á dereita para empezar o último tramo de ascensión á Madanela.

Etapa 3

A uns 100 metros veremos á nosa esquerda unha pista de terra que agora deixamos, pero que tomaremos á volta do Coto da Madanela para proseguir o noso itinerario. No Coto da Madanela (3,9 Km.) poderemos deleitarnos coas magníficas panorámicas que dende aquí se contemplan. Ao baixar da Madanela, deberemos coller a pista de terra que antes mencionamos. Seguindo por esta pista 1 Km. máis enlazaremos, preto do lugar de Abollo, cunha pista asfaltada e xiramos á dereita.

Etapa 4

A 300 metros empatamos con outra pista asfaltada e xiramos á dereita novamente. É nesa parte do percorrido cando flanquearemos o pico Mirón. Despois dunha pequena subida iniciamos o descenso ata Ollares, xirando á dereita na desviación que atoparemos en plena baixada. Xunto a un transformador que se atopa ao chegar a Ollares xiramos á dereita descendendo entre as casas do lugar en dirección á igrexa.

Etapa 5

Dende a igrexa seguimos en dirección ao campo da festa, e xa preto do mesmo desviámonos á esquerda cara ao lugar de Casanova (Km. 8,9). Percorremos todo o lugar chegando pronto a unha pista que pasa a ser de terra. No Km. 10,4 chegamos a un cruce en T e xiramos á dereita. Ao final dunha pronunciada subida, veremos á nosa esquerda a capela de San Gregorio. Logo de seguir uns 40 metros máis por esta pista tomaremos a seguinte desviación á esquerda. 600 metros despois seguiremos de frente sen tomar unha pista ascendente á dereita. Ao terminar unha subida, enlazaremos cunha pista asfaltada preto do lugar de Couto, xiramos á dereita (Km. 12,9). 400 metros despois chegaremos a Dorvisón, pasando preto da capela da Virxe das Dores. Nas inmediacións dunha casa de turismo rural desviamonos á dereita, e 250 metros máis adiante farémolo novamente á dereita para terminar o percorrido na igrexa de Ferreirós. Datos obtidos do libro Guía do Deza de Luís Couto Lorenzo. Mapa Coto da Madalena
Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Pazo da Viña

Pazo da Viña

Edificación con fábrica en forma de L á que se chega tras cruzar un gran patio pechado. Da fachada principal destacan dúas grandes fiestras rectangulares...

Pazo de Anzuxao

Pazo de Anzuxao

A edificación destaca pola súa construción en pedra sen labrar e a súa disposición en forma de L. Destaca pola súa ampla galería na que...

Pazo de Espinosa

Pazo de Espinosa

Localizado na parroquia lalinense de Soutolongo, este pazo señorial está construído en pedra sen labrar, como é habitual en Galicia neste tipo de edificacións. Presidido...

Pazo do Cascallal

Pazo do Cascallal

Situada na parroquia cruceña de Merza, esta propiedade privada caracterízase pola bo estado de conservación dalgúns dos seus elementos máis significativos, entre os que se...

Pazo de Sestelo

Pazo de Sestelo

Na parroquia de Siador atópase esta propiedade privada, tamén coñecida como Casa do Sestelo, circundada por un impresionante recinto amurallado. Dispón de dúas alturas, na...

Romaría da Saleta

Romaría da Saleta

Conmemorando a aparición da virxe no lugar de La Salette nos Alpes franceses, a familia Rivas do Pazo de Sestelo mandou crear unha escultura da...

Feira do Chourizo

Feira do Chourizo

Un dos produtos cárnicos máis recorrente na gastronomía galega é o chourizo, ao que o concello de Vila de Cruces dedida un festexo marcado non...

Festa da Rosquilla

Festa da Rosquilla

Abades, parroquia de Silleda, exalta as rosquillas nunha romaría relixiosa marcada por este doce reposteiro. Os "melindres", nome co que popularmente son coñecidas no municipio,...

Malla Tradicional

Malla Tradicional

En Doade, parroquia do Concello de Lalín, recrease cada mes de agosto, dende 1999, un dos traballos do agro máis singulares, o do proceso da...

Festa da Castaña

Festa da Castaña

A parroquia silledense de Breixa celebra dende o ano 2000 un festexo dedicado integramente á castaña, un dos produtos máis significativos de Galicia que se...