Alto de San Sebastián

Lonxitude: 16 km.
Duración: 3.30 horas.
Comezo: Pazo de Cascaxide.
Chegada: Pazo de Cascaxide.
Sitios de Interese: Pazo de Cascaxide, Alto de San Sebastián, Capela de San Sebastián, Lagoa Sacra, Brañas de Xestoso.
Dificultade: Media.
Época: Calquera.
Alto de San Sebastián

Etapa 1

Comezamos no pazo tomando a pista en dirección á estrada N-640. Ao saír á mesma torcemos á esquerda e tras 800 metros, en frente dun restaurante, desviámonos por unha pista á esquerda. Pronto vamos a atopar outro cruce xunto a unha nave e xiramos tamén á esquerda. No Km. 2,1 do percorrido chegamos a un cruce e xiramos á dereita. Logo, no lugar de Barreiro veremos á nosa esquerda unha pista de terra pola que volveremos despois, e que agora deixamos continuando de frente. Máis adiante chegamos a un cruce en T e xiramos á esquerda (Km. 4), facéndoo logo á dereita uns 150 metros despois por unha pista que nos leva ao Alto de San Sebastián.

Etapa 2

Preto do alto chegamos a outro cruce e xiramos á esquerda. No alto (Km. 5,2) encontramos a Capela de San Sebastián. Dende esta cima podemos disfrutar dunhas impresionantes vistas. Para seguir a nosa ruta volvemos polo mesmo camiño e enlazamos cunha pista que vai desde Xestoso a Fraiz (Km. 6,2) xirando á dereita. Preto do lugar de Feitoso continuamos de frente cara a Fraiz. Coas casas de Fraiz á nosa dereita atopamos un cruce (Km. 8.1) e desviámonos á esquerda en dirección a Xestoso.

Etapa 3

No Km. 9,6 atopamos un cruce onde xiramos á dereita, chegando no momento á Lagoa Sacra. Retrocedendo sobre os nosos pasos unha vez visitada esta, xiramos á dereita cara a Xestoso. Nesta parte do percorrido poderemos contemplar á nosa esquerda unha parte das Brañas de Xestoso.

Etapa 4

No Km. 11,1 do percorrido e a uns 500 metros de Xestoso desviámonos por unha pista de terra que encontramos á esquerda. Aproximadamente tras 2 Km. chegamos de novo a Barreiro e xiramos á dereita, facendo o resto da ruta polo mesmo camiño de ida. No Km. 13.8 torcemos á esquerda desbotando a pista que vai a Paredes. Ao saír de novo á estrada N-640, xiramos á dereita e pouco despois seguimos a indicación de Somoza e Escuadro, terminado así xunto ao pazo de Cascaxide (Km. 16). Datos obtidos do libro Guía do Deza de Luís Couto Lorenzo.
Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Pazo de Altamira

Pazo de Altamira

De planta rectangular, consta de dúas alturas, na zona baixa destaca unha pequena bufarda mentres que a planta superior  se caracteriza polas grandes fiestras de...

Pazo de Liñares

Pazo de Liñares

A súa construción data do século XVII, creada por orde de Álvaro Núñez Taboada; estando presidida polos escudos familiares de Taboada, Núñez e os Lemos...

Pazo de Cascaxide

Pazo de Cascaxide

Edificación de planta rectangular con dúas alturas, pese a que polo desnivel do terreo, nun lateral consta dun piso a maiores. Dispón de arcos nun...

Pazo de Espinosa

Pazo de Espinosa

Localizado na parroquia lalinense de Soutolongo, este pazo señorial está construído en pedra sen labrar, como é habitual en Galicia neste tipo de edificacións. Presidido...

Pazo do Cascallal

Pazo do Cascallal

Situada na parroquia cruceña de Merza, esta propiedade privada caracterízase pola bo estado de conservación dalgúns dos seus elementos máis significativos, entre os que se...

Alto dos Xenerais

Alto dos Xenerais

En torno á conca do río Ulla o Entroido adquire protagonismo cunha tradición ancestral marcada por unhas personaxes singulares, os Xenerais que percorren a cabalo...

Romaría Santa Isabel

Romaría Santa Isabel

A parroquia de Escuadro, en Silleda, acolle cada 2 de xullo a onomástica de Santa Isabel cunha romaría á que se achegan devotos dos concellos...

Romaría do Corpiño

Romaría do Corpiño

Un dos santuarios de maior trascendencia do interior de Galicia é o de Nosa Señora do Corpiño por atribuírlle a esta santa propiedades curativas contra...

Romaría da Saleta

Romaría da Saleta

Conmemorando a aparición da virxe no lugar de La Salette nos Alpes franceses, a familia Rivas do Pazo de Sestelo mandou crear unha escultura da...

Festa da Empanada

Festa da Empanada

Este festexo celébra no mes de agosto na localidade de A Bandeira, en Silleda, dende o ano 1974, pero é no ano 1999 no que...