Silleda

Capital da terra de Trasdeza, Silleda conta cunha superficie de 169 km² repartidos entre as 250 aldeas que a compoñen, articuladas en 33 parroquias. Son dous os núcleos urbanos; A Bandeira e Silleda, sendo este último o de maior poboamento e actividade. As comunicacións deste concello están enmarcadas en torno á estrada N-525 que une Santiago con Ourense e o paso da Vía da Prata no seu último tramo cara a Porta Santa; mentres os seus límites naturais constitúenos os montes San Sebastián e Chamor e os ríos Ulla e Deza.

Do agro con orgullo

A economía deste municipio consta da agricultura e moi especialmente da gandería; tanto é así que por impulso dun grupo de emprendedores creouse a Fundación Semana Verde, que cos seus eventos se converte en escaparate internacional do agro galego; e que alberga ademais a Lonxa Agropecuaria de Galicia. A disposición deste concello e as reservas naturais coas que conta levou á creación de plantas hidroeléctricas que mesmo abastecen a meirande parte do seu territorio.

Fervor e devoción

Como ocorre nos concellos veciños, a fe vertebra a meirande parte das romarías ás que acoden os fieis en auténticas procesións, ese é o caso da Santa Isabel de Escuadro ou da Saleta ambas con peculiares ritos, pois na primeira os devotos deben acudir á Pena de Auga na que se supón a súa aparición mentres na segunda, custodiada por “padres saletinos” unha fermosa “procesión de antorchas” nocturna congrega cada ano máis adeptos.

Entre o patrimonio relixioso templos como o de Taboada, Dornelas, Escuadro ou Breixa, entre outros, evidencian a influencia románica sendo o absoluto protagonismo para o cenobio símbolo de Trasdeza, o Mosteiro de Carboeiro. A fidalguía tamén ten a súa representación en mausoleos palacianos como os pazos de Trasfontao, Cascaxide, Viña ou Sestelo.

Historia herdada

De tempos anteriores destacan os restos arqueolóxicos dos Castros de Toiriz recuperados por iniciativa veciñal. Outras probas de poboamento atópanse na propia calzada romana de Taboada na que aparece unha inscrición que data do ano 912 e mesmo os restos dun antigo castelo na parroquia de Cira  do que tan só permanecen vestixios do que un día foi a torre.

Natureza e gastronomía

A parada obrigada para calquera visitante é a espectacular Fervenza do Toxa, unha impresionante cascada das máis altas de Galicia consecuencia do forte desnivel no curso do río Toxa. Aínda que máis descoñecida, de similar beleza é a Fervenza de Férveda, en Escuadro.

A beleza paisaxística e patrimonial deste concello únese ás romarías gastronómicas nas que se combinan pratos enxebres como a Empanada da Bandeira, catalogada como Festa de Galicia de Interese Turístico, o Lacón de Silleda ou as rosquillas de Abades; con outros menos galegos, como a Tortilla de Laro ou a Paella de Cortegada.

Semana VerdeMosteiro de CarboeiroCastro de Toiriz
Fundación Xosé Neira Vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Esta Fundación atópase na parroquia de Gres, concretamente na vivenda familiar na que naceu o escritor Xosé Neira Vilas. Coñecida como a "Casa do Romano",...

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Pazo de Espinosa

Pazo de Espinosa

Localizado na parroquia lalinense de Soutolongo, este pazo señorial está construído en pedra sen labrar, como é habitual en Galicia neste tipo de edificacións. Presidido...

Pazo do Cascallal

Pazo do Cascallal

Situada na parroquia cruceña de Merza, esta propiedade privada caracterízase pola bo estado de conservación dalgúns dos seus elementos máis significativos, entre os que se...

Pazo da Viña

Pazo da Viña

Edificación con fábrica en forma de L á que se chega tras cruzar un gran patio pechado. Da fachada principal destacan dúas grandes fiestras rectangulares...

Pazo de Liñares

Pazo de Liñares

A súa construción data do século XVII, creada por orde de Álvaro Núñez Taboada; estando presidida polos escudos familiares de Taboada, Núñez e os Lemos...

Pazo de Barcia

Pazo de Barcia

Na parroquia do mesmo nome atópase esta pazo privado construído en  forma de L. Na súa fachada destaca unha escalinata que permite acceder ata a...

Malla Tradicional

Malla Tradicional

En Doade, parroquia do Concello de Lalín, recrease cada mes de agosto, dende 1999, un dos traballos do agro máis singulares, o do proceso da...

Feira do Cabalo

Feira do Cabalo

Na capital do Deza os amantes do mundo equino teñen unha cita ineludible no mes de xuño, data na que se celebra a Feira do...

Feira do Cocido

Feira do Cocido

Constitúe a cita gastronómica máis importante do municipio e unha das máis relevantes de toda a comarca, pois está declarada como Festa de Interese Turístico...

Romaría Santa Isabel

Romaría Santa Isabel

A parroquia de Escuadro, en Silleda, acolle cada 2 de xullo a onomástica de Santa Isabel cunha romaría á que se achegan devotos dos concellos...

Festa da Carne ao Caldeiro

Festa da Carne ao Caldeiro

Segundo a tradición, o típico prato da carne ao caldeiro foi o resultado do irmandamento xurdido cando os arrieiros de Castela e Estremadura chegaban ás...