Vila de Cruces

Coñecido como a antiga terra de Carbia, o concello de Vila de Cruces domina un territorio de 147 km² dividido en 28 parroquias enmarcadas en torno á presenza dos ríos Ulla, que delimitan o municipio coa provincia da Coruña, Deza que xunto ao monte Carrio o separan de Lalín e Silleda; e o río Arnego, límite natural co fronteirizo concello de Agolada.

O principal sustento económico dos seus habitantes céntrase na gandería de vacún, tanto láctea como cárnica, e de porca. Aínda que a agricultura predomina pola súa climatoloxía que, ao atoparse nun val concede á terra cultivos hortícolas e frutícolas de gran calidade, combinándoos coa produción de patacas e cereais.

Auga e Viño

A súa privilexiada localización, permite a Vila de Cruces cultivar viños de calidade que se enclavan nas ribeiras do Ulla, adquirindo as características e sabor tan apreciadas deste caldo. Moitos son os fogares nos que contan con lagares familiares para a produción do “viño da casa”.

É a unión de terra e auga a que crea espazos singulares como as Illas de Gres dunha beleza única ou áreas acondicionadas a carón dos ríos que bañan este municipio, como é o caso da Carixa ou as Fervenzas do Arnego. O brote de augas sulfurosas e un pasado fidalgo deu lugar a un balneario moi recorrido, o da Brea. Mentres que para os amantes da pesca e mesmo de deportes acuáticos, o encoro de Portodemouros ofrece numerosas posibilidades.

Ouro negro

A cultura desta terra desprende aires de fidalguía en pazos coma o de Porras de Raíndo ou o de Altamira, aínda que o expoñente patrimonial máis singular atópase no Mosteiro de Camanzo, de estilo románico e nos vestixios dun antigo poboado do que agora só permanecen restos no conxunto megalítico de Oirós. Outros puntos de interese cultural son a Fundación Xosé Neira Vilas, o Museo A Solaina e o Observatorio Astronómico. Pero o símbolo deste concello durante os anos da guerra foi o antigo poboado mineiro de Fontao marcado pola explotación do “volfram”.

Os visitantes que se achegan ata Vila de Cruces comprobarán a beleza do seu contorno marcado por ríos, vales e miradoiros como o da Madalena ou do Monte de Covas. Pero para o xantar, o prato a degustar deberá ser o galo de curral, expoñente do concello que conta cunha celebración propia declarada Festa de Galicia de Interese Turístico. Non obstante, é no tempo de Entroido, cando a vistosidade e retranca do coñecido Alto dos Xenerais que se articula en torno ao Ulla converte aos pobos deste municipio en todo un reclamo turístico e cultural.

Ponte Ledesma Encoro de Portodemouros Poboado de Fontao
Museo Manuel Lamazares

Museo Manuel Lamazares

Neste museo converxen distintas mostras de arte ás que se lle dedican salas específicas segundo a temática. Por unha banda, a sala principal está marcada...

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Museo Etnográfico Casa do Patrón

Localizado nunha antiga vivenda de pedra de máis de 200 anos, o Museo Etnográfico "Casa do Patrón" conta cun total de 750 m2 nos que...

Casa-Museo “A Solaina”

Casa-Museo “A Solaina”

A Casa-Museo "A Solaina" atópase nun casarío restaurado por iniciativa do artista local Paco Lareo en colaboración con distintos persoeiros do mundo artístico da comarca....

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Museo Ramón Mª Aller Ulloa

Como indica o seu nome, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa rende homenaxe á figura deste ilustre sacerdote lalinense, dende a súa faceta como...

Observatorio Coto de Zarragrande

Observatorio Coto de Zarragrande

Construído alá polo ano 1993 por José María López Pérez, membro da Agrupación Astronómica Aller, consolidouse como o único observatorio de Galicia ata a creación...

Pazo de Altamira

Pazo de Altamira

De planta rectangular, consta de dúas alturas, na zona baixa destaca unha pequena bufarda mentres que a planta superior  se caracteriza polas grandes fiestras de...

Pazo de Eidián

Pazo de Eidián

A edificación, de dúas alturas, presenta unha planta en forma de T resultado de diversas modificacións posteriores, xa que na seu orixe estaba disposto en...

Pazo de Liñares

Pazo de Liñares

A súa construción data do século XVII, creada por orde de Álvaro Núñez Taboada; estando presidida polos escudos familiares de Taboada, Núñez e os Lemos...

Pazo de Barcia

Pazo de Barcia

Na parroquia do mesmo nome atópase esta pazo privado construído en  forma de L. Na súa fachada destaca unha escalinata que permite acceder ata a...

Pazo dos Gil

Pazo dos Gil

Edificio realizado en cachotaría distribuído en forma de L. Dende unha escalinata de pedra accédese a unha solaina na que se agocha o escudo coas...

Romaría Santa Isabel

Romaría Santa Isabel

A parroquia de Escuadro, en Silleda, acolle cada 2 de xullo a onomástica de Santa Isabel cunha romaría á que se achegan devotos dos concellos...

Alto dos Xenerais

Alto dos Xenerais

En torno á conca do río Ulla o Entroido adquire protagonismo cunha tradición ancestral marcada por unhas personaxes singulares, os Xenerais que percorren a cabalo...

Festa da Carne ao Caldeiro

Festa da Carne ao Caldeiro

Segundo a tradición, o típico prato da carne ao caldeiro foi o resultado do irmandamento xurdido cando os arrieiros de Castela e Estremadura chegaban ás...

Feira do Chourizo

Feira do Chourizo

Un dos produtos cárnicos máis recorrente na gastronomía galega é o chourizo, ao que o concello de Vila de Cruces dedida un festexo marcado non...

Festa do Lacón

Festa do Lacón

A Comarca de Deza é coñecida pola calidade das súas carnes, e moi especialmente polo aproveitamento culinario que do porco se realiza nesta zona. No...